Educación Primaria

As decisións de hoxe deciden o mañá

Obxectivos da etapa

  • Acompañar ao noso alumnado no camiño cara a unha formación integral.
  • Educar en valores: cultivar a interioridade, reflexionar, mergullar nas emocións, impulsar unha convivencia fraterna, convivir no respecto e a tolerancia.
  • Impulsar o aspecto comunicativo das linguas.
  • Desenvolver a creatividade.
  • Formar persoas competentes e capaces de mellorar a sociedade na que viven.
  • Usar a tecnoloxía nun novo marco de aprendizaxe.
  • Traballar por proxectos de comprensión.
  • Aprender entre iguais, aprendizaxe cooperativa.
  • Vivir unha experiencia feliz.

Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA)

O Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA), o modelo pedagóxico que aplica La Salle nas súas aulas de Educación Primaria, revoluciona o proceso de aprendizaxe. Apoiado en sólidos principios pedagóxicos que soportan o desenvolvemento do modelo e a través dos ámbitos de aprendizaxe deseñados para a adquisición de capacidades, habilidades e coñecementos, os alumnos son protagonistas dunha educación pensada para a vida de hoxe.

Máis sobre a etapa

Interioridade

A vida interior é importante, por iso preocupámonos de desenvolver a calidade humana que xunta espiritualidade e personalidade.

Mente, corpo e movemento

Os espazos e o movemento son esenciais no desenvolvemento cognitivo. Rompemos coa aula tradicional, potenciando a creatividade e a aprendizaxe.

Construción do pensamento

O pensamento é educable e a escola debe fomentar momentos de reflexión individual e colectiva.

Conduta e actividade autorregulada

O alumno xera hábitos de aprendizaxe autónoma e a escola axuda a construír procesos naturais e individuais de aprendizaxe como experiencia intransferible

Dimensión social

Aprendemos a ser respectuosos cos demais e a enriquecernos participando nas prácticas sociais e culturais.

 


Información

Ver vídeo

Acollida

É o ámbito de experiencia que prepara o alumno para o que vai vivir.

Seminario

É o ámbito onde se produce o encontro entre persoa e coñecemento, onde ten cabida o contido curricular. É o espazo do SABER.

Obradoiro

É o ámbito no que o alumno se constrúe a si mesmo e é protagonista da súa aprendizaxe. É o espazo do SER.

Proxecto

É o ámbito onde os alumnos traballan transversalmente todos os principios NCA, aprendendo da experiencia. É o espazo do FACER.

Peche

É o momento da avaliación, a reflexión e a celebración do vivido.

 


Información xeral

Ver vídeo

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.