Formación Profesional

Alternativas para encontrar o camiño

Obxectivos da etapa

  • Fomentar as capacidades do alumno desde a innovación, a investigación científica e técnica e a experimentación.
  • Impulsar a cultura colaborativa baseada na transferencia de coñecemento.
  • Fomentar a cultura científica, tecnolóxica e innovadora, orientada ao progreso sostible, humano, social e económico desde os distintos ciclos formativos.
  • Potenciar os proxectos creativos e a súa implantación na sociedade actual.

Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA)

A Formación Profesional en La Salle está dirixida a fomentar a autonomía, a construción de opinións propias e a adquisición de coñecementos como medios para alcanzar o desenvolvemento da persoa. Por iso, o Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA), o modelo pedagóxico que aplica La Salle nas súas aulas de FP, focalízase no desenvolvemento íntegro do alumnado, formando persoas para dar resposta ás necesidades da sociedade na que nos tocou vivir, profesionais competentes en diferentes especialidades, con coñecementos técnicos e habilidades para a vida.

Máis sobre a etapa

Interioridade

A vida interior é importante, por iso preocupámonos de desenvolver a calidade humana que xunta espiritualidade e personalidade.

Mente, corpo e movemento

Os espazos e o movemento son esenciais no desenvolvemento cognitivo. Rompemos coa aula tradicional, potenciando a creatividade e a aprendizaxe.

Construción do pensamento

O pensamento é educable e a escola debe fomentar momentos de reflexión individual e colectiva.

Conduta e actividade autorregulada

O alumno xera hábitos de aprendizaxe autónoma e a escola axuda a construír procesos naturais e individuais de aprendizaxe como experiencia intransferible.

Dimensión social

Aprendemos a ser respectuosos cos demais e a enriquecernos participando nas prácticas sociais e culturais. 

 


Información

Ver vídeo

Acollida

Neste ámbito espértase a emoción por aprender, planifícase o proceso e tómase conciencia de como estou.

Desafío

Neste ámbito apréndense contidos conceptuais e procedementais orientados á resolución dunha situación da vida real ou “desafío”.

Obradoiro

Neste ámbito trabállase de forma interdisciplinar para construír “o ser” da persoa.

Peche

Neste ámbito sintetízase, integra e celebra a aprendizaxe, utilizando estratexias e procesos metacognitivos.

 


Documento sobre FP en La Salle

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.