Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA)
La Salle, unha escola para a vida
O noso modelo de escola: Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA)
O Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA) é un modelo de escola que contempla un marco pedagóxico e pastoral, con identidade propia, que presenta unha proposta organizativa, metodolóxica e evaluativa clara, que outorga sentido pleno á educación da persoa abordando de forma integral as súas dimensións emocional, cognitiva, corporal, social ou espiritual, ao longo das diferentes etapas do seu desenvolvemento. O alumno convértese en protagonista da súa propio aprendizaxe.
Claves NCA
Novo
por estar nun proceso permanente de actualización e mellora.
Contexto
porque como se aprende é tanto ou máis importante que o que se aprende.
Aprendizaxe
como centro do modelo fronte ao ensino tal e como o coñecemos.
Investigación
NCA é froito dunha profunda reflexión que hoxe continúa viva grazas á investigación constante e á análise do modelo por parte de equipos dedicados nos campus universitarios de La Salle en Barcelona e Madrid.
Materiais propios
La Salle desenvolveu materiais propios que materializan o Novo Contexto de Aprendizaxe, apostando por unha educación integral, que xunta aprendizaxe cooperativa, creatividade e visión solidaria, e que se apoia nos nosos principios pedagóxicos.





