Educación Infantil
Crecer aprendendo e aprender a crecer
Obxectivos da etapa
- Adquirir diferentes recursos e estratexias para poder desenvolver a autonomía e poder construírse como persoa a través da experiencia e vivencia persoal.
- Ser protagonista da propia aprendizaxe e adquirir ferramentas para poder desenvolverse en diversas situacións do día a día.
- Interiorizar diferentes coñecementos a través de rutinas, hábitos e distintas actividades significativas.
- Dar vida a aprendizaxe a través de valores cristiáns, eixo do noso estilo educativo.
Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA)
O Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA), o modelo pedagóxico que aplica La Salle nas súas aulas de Educación Infantil, revoluciona o proceso de aprendizaxe, sustentándoo en sólidos principios pedagóxicos e desenvolvéndoo a través de diferentes ámbitos de aprendizaxe que permiten o crecemento dos máis pequenos para que sexan persoas capaces de transformar o noso presente e construír o noso futuro.
Máis sobre a etapa
Fomentar a curiosidade do alumnado desde a súa emoción
“Se esperta a miña curiosidade e me emociona, aprenderei máis e mellor”.
Aprender manipulando
“Déixame facelo e aprenderei máis e mellor”.
Aplicar o método científico
“Déixame equivocarme e aprenderei máis e mellor".
Facer protagonista o alumnado do proceso de aprendizaxe
“Se é importante para min, se me vale para comunicar, aprenderei máis e mellor”.
Interioridade
A vida interior é importante, por iso preocupámonos de desenvolver a calidade humana que xunta espiritualidade e personalidade.
Mente, corpo e movemento
Os espazos e o movemento son esenciais no desenvolvemento cognitivo. Rompemos coa aula tradicional, potenciando a creatividade e a aprendizaxe.
Construción do pensamento
O pensamento é educable e a escola debe fomentar momentos de reflexión individual e colectiva.
Conduta e actividade autorregulada
O alumno xera hábitos de aprendizaxe autónoma e a escola axuda a construír procesos naturais e individuais de aprendizaxe como experiencia intransferible.
Dimensión social
Aprendemos a ser respectuosos cos demais e a enriquecernos participando nas prácticas sociais e culturais.
Acollida
Traballamos a benvida ao que nos espera cada día. Momento para acoller o alumnado e para interesarnos polos que están ou faltan.
Proxecto
Traballamos desde a emoción o SABER e o SABER FACER. Aprendemos contidos e compartimos as nosas aprendizaxes.
Contorna de nivel
Traballamos desde a comprensión o SABER e o SABER SER. Espazo para comunicar, comprender, conectar ou descubrir desde a Fe a nosa contorna.
Contorna de internivel
Traballamos o SABER SER compartindo experiencias. Momento para gozar e aprender desde a Creatividade.
Peche
Traballamos a reflexión sobre o realizado. Momento para revisar, avaliar, celebrar e despedirse.





