Educación Secundaria

Educar persoas en valores é a nosa misión

Obxectivos da etapa

  • Poñer en práctica todo o aprendido ata o de agora e ampliar os coñecementos nas distintas disciplinas.
  • Aplicar prácticas a procedementos de autonomía, planificación, esforzo e traballo persoal.
  • Lograr que o alumno sexa protagonista do seu proceso de aprendizaxe, aprendendo de forma cooperativa.
  • Potenciar momentos e actividades destinados a reflexión e experiencia arredor de actitudes persoais e grupais a través da relación titorial.

Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA)

O Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA), o modelo pedagóxico que aplica La Salle nas súas aulas de Educación Secundaria, revoluciona o proceso de aprendizaxe. Desde os principios pedagóxicos que vertebran esta proposta educativa, deséñanse distintos ámbitos de aprendizaxe que inciden no saber, o saber facer e o saber ser. A través das narrativas de aprendizaxe organízase a aula e favorécese que a persoa aprenda de maneira integral e integrada.

Máis sobre a etapa

Interioridade

A vida interior é importante, por iso preocupámonos de desenvolver a calidade humana que xunta espiritualidade e personalidade.

Mente, corpo e movimento

Os espazos e o movemento son esenciais no desenvolvemento cognitivo. Rompemos coa aula tradicional, potenciando a creatividade e a aprendizaxe.

Construción do pensamento

O pensamento é educable e a escola debe fomentar momentos de reflexión individual e colectiva.

Conduta e actividade autorregulada

O alumno xera hábitos de aprendizaxe autónoma e a escola axuda a construír procesos naturais e individuais de aprendizaxe como experiencia intransferible.

Dimensión social

Aprendemos a ser respectuosos cos demais e a enriquecernos participando nas prácticas sociais e culturais.

 


Información

Ver vídeo

Ámbitos

 

Acollida

É o ámbito de experiencia que prepara ao alumno para o que vai vivir.

Seminario

É o ámbito onde se produce o encontro entre persoa e coñecemento, onde teñen cabida o contido curricular. É o espazo do SABER.

Obradoiro

É o ámbito no que o alumno se constrúe a si mesmo e é protagonista da súa aprendizaxe. É o espazo do SER.

Proxecto

É o ámbito onde os alumnos traballan transversalmente todos os principios NCA, aprendendo da experiencia. É o espazo do FACER.

Peche

É o momento da avaliación, a reflexión e a celebración do vivido.

 


 

Narrativas

As narrativas de aprendizaxe son unha forma de organizar a aula, o tempo e os contidos do currículo. Desta forma favorecemos a aprendizaxe integral e integrada.

As narrativas funcionan como funciona o noso mundo. Fronte aos esquemas ríxidos do pasado, nos que cada materia versaba sobre o seu, o mundo global no que vivimos esíxenos pensar en novos marcos interdisciplinares e interconectados para comprender as claves da nosa historia e o noso presente e poder así debuxar o futuro.

 


Información para 1º de ESO

Información para 2º de ESO

Información para 3º de ESO

Información para 4º de ESO

Ver vídeo

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.